¡Hei pwantso!

Een andere Koe in het Graan

mércores, maio 16, 2007

Tutoriais HDR ou similares

Tres enlaces para facer fotografías HDR, esas nas que todo se ve tan clariño
Haklab presenta un sistema deses de duplicar capa, desaturar, invertir, desenfocar e despois unha mistura de capas luz suave.
O checo Nill presenta un sistema un pouco máis enrevesado con uns resultados espectaculares. Non é simple e non é fácil.
O de Popsci xa vai en serio, en plan ciencia, seguindo paso a paso todos os pormenores. Para cando se teñen varias imaxes do mesmo con distinta exposición.
Pero o máis completo que vin até agora é a aula de Antonio Lirio sobre Alto Rango dinámico, que atopei no blog La tarde (ten un post dedicado con unha pila de tutoriais sobre HDR). En español con todo luxo de detalles, o millor

posted by ozzo at 10:11 pm  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress