Útil, barato e aconsellable.
BATERÍAS
¿Estaremos dando o uso correcto ás baterías de litio?. (En español)
LIGAZÓNS
É posiblemente a millor colección de ligazóns sobre páxinas de fotografía en español. ( Curioso que a atopei clicando nun adsense do que ven a seguir).
MANUAIS
Os fabricantes tomannos o pelo que da gusto (é un falar, non son masoca). Comprei unha dixital por internet e trae un manual de merda (falando en plata), se non fose por manuales de cámaras fotográficas, un blogue con un montón de manuais estaría apañado. Para buscar dunha determinada marca recorrede o blogue até o fin e abaixo á esquerda facede uso do cadro de buscas.
PARASOIS
Isto pode ser útil e sobre todo barato, atopeino hai tempo en Microsiervos: como facer un parasol para o teu obxetivo descarregando un recortable en PDF.
FLASH
Ás veces é preciso difuminar a luz do flash para evitar queimar a foto, fácil, cóllese un paquete de tabaco e con un par de arranxos colócase encima do flash. Este outro método tamén é válido.
TRÍPODE
Outras veces en vez de luz o que precisamos é combatir as vibracións, para iso nada millor que unha trepia (un tripé): pode ser un de corda, de bola de tenis, ou un feito con cables.