Snap2objects.com
Snap2objects presenta unha excelente colección de programas gratuitos para diseño gráfico: desde editores de imaxe (GIMP ou GIMPshop, Picassa, Paint.net…); Ilustración (Inkscape, SmoothDraw NX, SPRAY vector generator,…), Animación (TouchArt Sampler, Synfig Studio, AnimPixels,…), Modelado e CAD (LOOXIS Faceworx, 3D Canvas, 3D Box Shot Maker,…), Ferramentas FLASH (Flash Slide Show Maker Professional, LiveSwif Lite, The Font Thing,…), e moitos outros programas, até un total de 48. En todos os casos con ligazón a descarga.
Xa o mes pasado presentou os recursos (Free Killer Resources) que todo deseñador gráfico debería coñecer . Unha maravilla.