BLOGUES POLA LINGUA celebrou as Letras Galegas coa acción conxunta “Combater a ignorancia con poesía”
Poema de Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra):…
DEITADO FRENTE Ó MAR…
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…
… que non precisa de máis explicación,
a non ser decir que unha serie de blogues o publicaron o día 16/05/208 co gallo do Día das Letras galegas:
Acción 17-M: Combater a ignorancia con poesía.
Este blogue coma sempre a destempo, ou fora do tempo, e até fora de lugar. Créanme que o sinto: gostaría telo publicado no seu día, mas nunca é tarde.