¿Estás a falar comigo?
Este blogue mañán non terá actividade por mor da folga, que apoia pero con moitos reparos.
1º- Creo que é totalmente lexítimo o dereito á folga
2º- Considero que a actitude de goberno e patronal é intolerable tratando de que os traballadores e clases medias soporten o peso da suposta crise que nos impón a economía retroliberal das oligarquías. Esta crise non é máis que especulación para desequilibrar aínda máis a balanza en favor dos que máis teñen, en tempos así o que máis ten faise de forma barata con bens e man de obra, ao forzar ao menos agraciado a vender/venderse a baixo prezo.
3º- Os sindicatos son trogloditas, impresentables, corruptos, defenden os intereses da dirección e seguen as consignas do capital. En ningún caso defenden os intereses dos traballadores e o único que conseguiron é desconfianza por parte dos obreiros e perda de forza política pola desunión creada. Son verdadeiras rémoras.
4º- Os intereses de Galicia para nada teñen que ver cos intereses de España e gran parte dos problemas do país son producidos polos intereses da oligarquía mundial, dos seus seguidores españois e dun goberno inepto. O resto é debido aos propios galegos que se venden pola miseria (clientelismo político) a quen os está traizoando (P.P., P.S.O.E. e U.P.G.)
Lapsus da ex-ministra de Sarkozy, á que algúns medios relacionaron con Aznar, nunha entrevista para Canal + de Francia
Onde dixo «fellation» quería decir «inflation».
Powered by WordPress