Cas A Vilaregha

Setembro 25th, 2010 | by ozzo |

Ao lado mesmo da fonda-taberna de Zelina había outra, coñecida por Cas A Vilaregha, reguentada por Dosinda e a sua sobriña Oliva, máis cutre e máis sórdida. Gosé pasaba ás veces por alí, despois de sofrer as sevicias ás que se sometía na da viúva, para descarreghar un polvo salvaxe de pé nas escadas na Oliva, no mesmo sitio onde ela se escarranchaba para botar unha mexadiña. Oliva cobraba por iso, sabíao calquera, a sua historia era casi pública e ela mesma non se recataba de contar detalles piardeiros. Naquela baiuca vendíase carne, peixe e marisco, é un falar, o mesmo que vellarías ou aquilo polo que alghén paghase. Pode parecer extraño que estando no medio da cidade se desen eses texemanexes pero é que Dosinda sabía lepe. A sua cantinela podía atrapallar calquer carreira, xa fose xudicial, policial ou política. Xa por iso lle partiran a boca e a mitade dos dentes eran de ouro, ouro do cimiterio como decía o Elisio, o único naquela casa que tiña carta branca. Cincuenta kilos de home, cheos a maior parte das veces de caña, de mañá misturada con Sansón, pero que non impedían que ceibase a lingua a pacer para soltar barbaridades e verdades en distintas proporcións con tal de que alguén paghase unha ronda. Elísio, cando era de vinte anos, recebeu unha coitelada dirixida a Dosinda ao se interpor no camiño dun manghante que actuaba por conta dun advoghado. Desde entón sempre tivo direito a prato, e cama decían alghúns, e a un par de copas de caña diría el. Elisio era o home dos recados, das sentencias e probabelmente o home da casa naquela taberna. Pero a princesiña era quen traía o carto a aquela casa, co seu corpiño de becerra atendía urxencias, aliviaba insatisfacións e muxía os touros.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.