¡Hei pwantso!

¿Estás a falar comigo?

Martes, Setembro 28, 2010

¡Bravo Fontenla!

Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia:

Chuzame! A Facebook A Twitter
posted by ozzo at 7.36 p.m.  

3 Comentarios

  1. Eu son microempreSaurio, agora ben, non trago co ‘gratis total’. Que hai que baixar o despido (tamén pode verse como abaratamento da contratación!) é certo, agora ben, a cambio é preciso un sistema fundo de protección, a famosa flexiguridade da Holanda ou Dinamarca, países, por certo, cunhas taxas de desemprego irrisorias. Dinamarca cun 6,9% a data de Xullo (eurostat), unha cifra xa á baixa respecto a hai uns meses, que chegara até o 7,4%, curiosamente unha cifra máis baixa que a mellor cifra de desemprego que acadou Hispanistán no cénit da burbulla, o cal di moito de nós. os Países Baixos pola súa parte, cuntan cun 4,4%

    En definitiva, a contratación é barata, pero a cambio, se quedas no paro tes un grande apoio estatal en axudas (e formación se a precisas, para te ‘reciclar’) para te soster na transición a un novo posto de traballo. É un motivo polo que hai moita movilidade laboral. O problema é que this is CASPAÑA, e a flexiguridade do norde, transformarase en flexiprecariedade, iso non se pode aturar, porque por desgraza temos poucos empresarios, e si moito empreSaurio, Adolfo «El Führer» Domínguez sen ir máis lonxe (teño unhas xoias sobre ele no meu blogue):

    http://aslentesdocego.blogaliza.org/2010/02/04/adolfo-dominguez-paradigma-do-empresauriado-cani/

    Comentario by Sebastián Armesto — 2010-09-28 @ 7.52 p.m.

  2. Hai 4 millóns de persoas no paro e o goberno facilita o despido para crear máis emprego, non o entendo, parece que será todo o contrario. Hai moito empresario que en privado di o mesmo que Adolfo Domínguez como hai traballadores cobrando o paro e facendo chapuzas de economía sumerxida. A sociedade, en xeral, está un pouco podre.

    Comentario by ozzo — 2010-09-28 @ 9.25 p.m.

  3. Weno, en primeiro lugar, unha reforma laboral por si mesma non crea traballo, como pretenden vender. Para deixar de destruir emprego compre facer unha transición estructural, Nisto poderiamos (sobre todo nós, GZ) aprender moito de Finlandia, que nos 90′s tivo unha depresión (que non recesión), pola que tivo re-inventar a súa economía. Hai moito parado, porén moitos non terán traballo máis nada vida. É xente cunha cualificación só válida para o modelo productivo morto. Non podes facer que Paco pase do andamio ao túnel de vento ou o cromatógrafo de gases. É triste pero é así.

    Co abaratamento o que buscan é baixar custes laborais, a fin de que, por exemplo, haxa empresas que decidan instalarse en Hispanistán. Ou ben facer que PEMES poidan contratar máis. Como ns décadas pasadas no lugar de investir nun tecido produtivo de alto valor engadido, nos dedicanos a sementar ladrillos. agora só podemos recuperar competitividade pola vía de abaratar custes de contratación, pero tamén salariais. Temos por diante unha horrible deflación salarial, como Ansar nos meteu no leuro sen estar preparados, agora ao non teren divisa propia devaluable, compre devaluar á poboación. O xusto sería tamén baixar prezos, pois non é viable ter salarios rumanos con prezos do Benelux, pero iso non vai pasar, aquí só vaise tocar o salario. Xa tivemos ao presi en NY dicindo que a vivenda non vai baixar máis («mágoa» que os seus desexos non se vaian trocar realidade).

    Voltando ao despido, compre ver que en Hispanistán, como indicou no seu día o NY Times, hai castes de traballadores, por un lado xente nova moi formada e barata de despedir (contratos temporais) mais polo outro vellos dinosaurios que cobran moito independentemente de que a súa productividade sexa unha merda. Consecuencias?. Pois imaxinemos unha PEME de 10 empregados, na que 4 son empregados antiguos, polo tanto con salarios mais elevados e despido mais caro, o resto xente nova en precario. A empresa por mor da crise ten que recortar plantel. Onde vai ir a tesoira?, pois polos novos, pese a que a súa produictividade é maior, simplemente prque son baratos. O resultado é que un recorte que puido saldarse con 2 dinosaurios, al final sáldase con 3 ou 4 mozos precarizados. Non é casualidade que a taxa de deseprego xuvenil sexa de máis do 43%.

    Para min a solución está nun tanto e tanto, é dicir, contratacion-despido razoable, pero con protección ampla. Ousexa, o dos países que citei. O lamentble é que non nos podemos permitilo (cousas de gastarse os cartos en ladrillos, rescate á banca e ladrilleras irreflotables) os grandes empreSaurios non estarían pola labor de facilitalo (o seu é a flexiprecariedade). Pero o máis importante é entender que mesmo dito modelo non servirá para sacar do paro a moitos, por non dicir o groso, dos paradaos actuais. Por desgraza acho que imos quedar cun paro estructural altísimo, en torno ao 15%. É horrible, pero é o que pasa cando unha sociedade crese rica porque ten máis déveda e as súas vivendas encarécense máis e máis cada ano. Por riba temos inflación de poboación activa (inmigración). O propio Krugman non só nos recomendou liscar inmigrantes coma na Nova Zelandia, senon tamén emigrar nós. Así de negro é o panorama. Como se pode ver, unha reforma laboral, por si mesma, non arranxará nada.

    Comentario by Sebastián Armesto — 2010-09-28 @ 10.14 p.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Powered by WordPress