Best of José Sócrates (2009 – 2010)

Outubro 18th, 2010 | by ozzo |

Os meus amigos portugueses están preocupados pola situación económica e política á que os está levando o PS, que é pouco máis que decir José Sócrates.
Un deles acaba de mandarme este “best of” de Sócrates nos últimos tempos.
Não é tempo de brincar mas há que pôr este homem fora. Só que, à porta, aguarda outro que não promete nada melhor.

5 Responses to “Best of José Sócrates (2009 – 2010)”

  1. By Sebastián Armesto on Out 18, 2010

    O de Portugal fíxome reflexionar sobre a hipocresía dos españois. Olle este titular:

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/10/17/0003_8789353.htm

    Cando a media dos pérfidos ‘anglos’ puñan en entredito (e con razón) a solvencia de España S.A., entón estabamos contra un ataque de malévolos especuladores envexosos, porén, cando a prensa hispana fai idem co veciño, entón só estamos ante información. Viva a dobre moral cañí.

  2. By ozzo on Out 18, 2010

    O noso non está nada ben pero en Portugal as cousas están realmente mal. Hai xente con diñeiro, moito, pero non inviste en Portugal, especula, nada que non se faga aquí, de fora non veñen porque aparte de non poder competir co que costa a man de obra en China perderon fábricas subvencionadas que se foron para os novos países que entraron na Comunidade.Os soldos son baixos e os prezos iguais ou superiores aos de aquí.
    E o Estado semella estar en bancarrota e con un Goberno á deriva desde hai moito tempo.
    Deséxolles o millor pero non lle lo vexo fácil

  3. By Sebastián Armesto on Out 19, 2010

    Weno, os prezos superiores, non o percebo cando vou lá, máis ben, segundo qué cousas, menos caro é. Agora ben, os salarios si que son máis baixos, polo que o esforzo para mercar bens e servizos é maior do que aquí. Porén, o que realmente nos diferencia, é que a riqueza que tanto lles restregáramos era pura burbulla. Medrar onte cos cartos de mañá, e o mañá e xa o noso hoxe. No que si están peor é na déveda pública, se non me acorda mal, mas na privada (en relación ao PIB) seguramente nós estamos por riba. En calquera caso a prensa caspañola habería de ser cauta, pois se se tambalea Portugal, nós ipso facto podemos ter os diferenciais da déveda disparados, e veña a voltar coa crise de déveda pública. Eles como dis, xa tiveran a súa crise estructural, no textil, automotriz, manufacturas etc, nós apenmas comezamos, e respecto ás deslocalizacións, estamos a ver nós unha moi forte, sobre todo en CCAA’s coma Cataluña ou Valencia, e incipiente fuga de capitais. Teño curiosidade se dentrom duns 4 anos os caspañois ainda teñen los santos cojones de lles dicir aos tugas o das toallas. Han ter que procurar alguén máis no que proxectar os seus complexos carpetovetónicos.

  4. By ozzo on Out 19, 2010

    Na raia veñen comprar os combustíveis (gas, gasóleo e gasolina), no supermercado e se pudesen coches. Pode ser máis barata a hostelería e outros servicios pero é moi caro levar o coche ao taller.
    En xeral resulta máis caro porque os salarios baixos, que son maioría, están por baixo dos de aquí, a nivel dos soldos altos están igual ou por riba dos nosos.

  5. By Sebastián Armesto on Out 19, 2010

    O certo é que eles ainda teñen máis problemas coa inflación do que nós. Se a entrada no euro de Caspaña foi un erro, a de Portugal é xa un suicidio, pois uns tipos baixos que van ben para Mittleuropa ou o Belexus, nos PIGS xenera burbullas e suba nos prezos. Mas polo menos no Porto non tiven a impresión de prezos moi altos, agora ben, co que si ‘flipé’ foi a vivenda, que tamén tiña unha burbulla considerable, o esforzo para un portugués ao mercar unha vivenda, ou optar polo aluguer, é moitísimo maior, polos salarios míseros. Acontece coma na Grecia, lá os mileuristas son 700 euristas, xa antes da crise de déveda mesmo. O caso é que ese é o noso camiño, dado que non temos divisa propia devaluable, o axuste de prezos vai na órbita de atraer investimento con salarios cuasirumanos. Entón si imos ver o que é bo, porque a deflación vai ser só salarial fundamentalmente, o IPC vai seguir coma na Mittleuropa ou Benelux, ou pior, porque en moitas áreas a vida é máis cara aquí. Alomenos os tugas poden consolarse co paro que teñen eles.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.