Paradoxa do egoísta

Marzo 8th, 2012 | by ozzo |

As veces a algúns ricos debemos salvalos da súa propia estupidez. Como aos que evaden impostos en paraísos fiscais e logo van a hospitais públicos, aos que escatimaron recursos, para que lles salven a vida, porque en moitas doenzas graves ou en trasplantes son, sinxelamente, os mellores do mundo. No outro extremo están profesionais excepcionais como o doctor Jovell, a quen a sanidade pública lle salvou a vida, e hoxe é quen trata de salvarlla a ela, consciente de que é a mellor herencia –non só por principios solidarios, senon por sentido práctico– que pode deixar aos seus fillos. As veces, ser solidario é a forma máis intelixente de ser egoísta; e ser egoísta é ser un idiota.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.