Shun Kawakami

Ikebana para wow10 por Shun Kawakami
Een andere Koe in het Graan
Inauguramos hoxe duas novas categorías: humor e frases para a tumba.
Na primeira recollerei toda mostra de humor, sobre todo gráfico, que me pareza destacable e na segunda deixarei cair aquí esas frases que debían ir dereitiñas para a tumba ou nunca ter saído de boca intelixente.

A imaxe é do Monero Hernández e foi publicada no xornal mexicano La Jornada (visto en menéame)
En Chuza andan revoltados porque o representante legal da musa televisiva Y. Castaño pediu a retirada do deseño que lle fixeran os Aduaneiros sem Fronteiras, ‘Tu Quoque Iolanda?’ (pódese ver en As tuas balas).
Os Aduaneiros decidiron pechar páxina, algo que me parece esaxerado, e así desaparece unha das máis interesantes propostas galegas na rede. Supoño que dada a cantidade de lixo (insultos e spam) que había nos comentarios temeron que a febre das denuncias se extendese.
A tal Yolanda non merece tanta conversa pero parece que o seu nariz é metementodo.
Pixel Perfect con Bert Monroy. máis de 20 episodios en vídeo sobre trucos, efectos, tutoriais…Bert Monroy é un dos grandes de Photoshop, gran ilustrador e creador dunha das máis grandes obras hiperrealistas que coñezo e escritor de libros sobre edición de imaxes.
Xestionado con WordPress