BlogolaliaArchive for the ‘’ Category

Can didato

Domingo, Novembro 20th, 2011


Sacado de Picadillo circus

Graciñas Blogaliza

Domingo, Outubro 23rd, 2011

Nos criamos a serpe que se volta contra nós!!!

Sábado, Outubro 9th, 2010

O galego sempre tivo por hábito criticar aos gobernantes
cando está nos bares.
Critican alcaldes, ministros e ao presidente do
Goberno.

Cando teñamos novas eleccións, se cadra temos outros
gobernantes… Ou serán os mesmos? Mais o pobo
continuará queixándose. Sabe porqué?
Porque o problema non está en quen nos goberna…
O problema está naquel que se queixa: vostede e máis eu;
nós! O problema está no galego.

Ao final, o que se pode esperar dun pobo que vende o voto?
Que respeito merece un pobo que vota a un partido que vai
contra os intereses do país, ou a quen goberna nepótica/
despoticamente, ou que continúa votando nun alcalde
que prevarica ou a outro culpado de acoso sexual?

Un pobo que aplaude a Belén Esteban, mas é incapaz de
dicer o nome dun escritor galego?
O que esperar dun pobo que non dá valor ao propio idioma,
que non loita polos seus dereitos?

O que esperar dun pobo que non sabe o que é puntualidade?
Que deita o lixo para a rúa e despois reclama pola suciedade?

Un pobo que vive do conto, un pobo que admira ao
espabilado e non ao sábio ou ao xusto ?,
Que fala mal do corrupto pero faría o mesmo si pudese.
O que se pode esperar dun pobo que o que anceia é
que lle dean unha subvención, teña ou non dereito a ela,
que se pode esperar dun pobo de papamerendas e
comenencias?

O que dicer dun pobo endividado, que continúa a
gastar mais do que pode so por aparentar?

O problema da Galiza non son os políticos. Son os galegos!

Os políticos non se elexiron a si mesmos; fomos nós
os que votamos neles.

Os políticos non fan exames,gañam votos: o seu e o meu!

Pense no que leu. E teña un bon día!

Neuropsina

Martes, Setembro 21st, 2010

A leoa tiña unha enorme espiña de cactus na pouta esquerda desde facía unha semana, o que a impedía de correr, e o home máis ghuapo do mundo quitoulla. Despois a leoa sentíu a fame e comeu ao home. Non tardou moito en morrer envenenada pois o home enghulía sen sabelo a ponzoña que lle daba a sua muller na cea. Cando ela foi ver o local do crime esbarou no sanghe da tarima e desnucouse. Como era ghorda causou un ghrande estrondo e o policía que estaba a dereita disparou a sua arma de forma fortuita atravesándolle o cráneo ao xuiz de ghuardia. Non acabou aquí a cousa porque a secretaria ( e amante platónica)do xuíz peghou na arma do policía e disparou en todas as direccións. Morreron algúns e a última bala fendeu a pechadura da ghaiola do león que saíu dando un chouto e espetouse a espiña de cactus na pouta dereita. A muller ollou para o león que ruxía desesperado, ollou para a pistola, víu que non ficaba vivo ninghén polo redor, suspirou aliviada e caghouse na leoa. Esa noite non tería que facer a cea. Sonou un disparo. Acabouse a neuropsina.

Zelina Q.

Luns, Setembro 20th, 2010

Zelina Q., aburrida esposa e despois feliz viúva, cobraba a peso (5 pesetas) os bicos que o marido demandaba. Reghentaba unha fonda para paisanos e tratantes que devoraban polbo e callos ben regados de tinto a partir das 10h. da mañán. Á tardiña xoghaba tute co fontanero municipal partidas intermináveis nas que o “ingueniero” debecía por ela e disfrutaba até o clímax ghañando partida atrás partida para vingharse de non lle poder tocar un pelo nin moito menos saborear a boquiña pintada. Beizos vermellos, liña de ollos negra e cabelo en caracois, suspiros de España que aprendeu para esquecer “ese acento ghallegho” que lle saía até pola boca pechada de entre as pernas. Túzara, lercha e ghoberneira, presumía de gran señora de taberna diante dos clientes. Mentras o canalizador diante do vaso de clarete e da baralla maxinaba como sería poder estar enriba dela meténdolle mao e vergallo. ¡Que barbaridade! Ela só pensaba en ghañar unha vez, aínda que so fose unha man, aínda que so fosse comerlle o 3. E moito de cando en vez acontecía porque o fontanero ghostaba de vela brava cando perdía pero disfrutaba coa gharghallada de trunfo da morena cando conseghia vencer. ¿Pero tan casta era? ¿Será que non tiña seghredos? Os xoves eran días de feira, e a noitiña dos días de outono e inverno cheghábase á taberna Gosé o portughés, anque diso tinha ben pouco. Nacido de pai ghalegho en Melgaço por mor da gherra do 36 trataba nas feiras cos animais, de pitos a vacas, mentras a muller vendía roupa traída de Valença. Un langhrán caloteiro de marca maior é o que era. Co fume do cigharro ceghándolle o ollo dereito e cuspindo polo colmillo a cada tanto. A non ser que estivese axexando para alghunha porque entón a imaxe de marca era deitar a linghua fora a pasear polos beizos ou axitala arriba e abaixo, arriba e abaixo con movimentos rápidos. Iso e a man na nádiga de Zelita, cando saía do mostrador, fixeron derreter o xelo. Anque Gosé levou unha hostia de non te menees. Hostias, beliscos e pisotóns foron as caricias que conseghíu pero eran caricias que lle sabían a ghloria, o mesmo que a madama Zelina dalas. Zelina estricta ghobernanta. O 2 de Maio o fontanero apareceu esfaqueado e pouco despois Gosé era levado para a cadea por trinta anos. Só Zelina sabía da historia. Só Zelina, non. Carliños Mealleiro e Bartolo podían decir moitas cousas.

Bar Tolo

Sábado, Setembro 18th, 2010

Don Bartolo, que a metía até no furado da pechadura, pasou media vida visitando túneis, de convento a convento, do convento a ighrexa e de aí á cona da Bernarda ou outra calquer. Don Bartolo, grande amigo das ratas, pousaba embrullos nos túneis, nos furados dos túneis ou nas cloacas. Ghrandes amighas as ratas. Don Bartolo, outrora digno capelán, é agora un desghraciado chorón que reparte culpas e disculpas pero continúa pensando que non fixo mal a ninghén. Kaghen’ninghén nin o abade de Trancoso cheghou a tanto.

Carliños Mealleiro

Martes, Setembro 14th, 2010

Anos despois, que diría GGM, a nai de Carliños Mealleiro contaba, feliz, que todo fora ghracias ao seu sobriño Israel, que era quen o tiña metido na drogha.
Carlinhos cheghou a universidade sendo un pipiolo e tres anos despois deixou todo, mesmo todo, e fuxiu para a capital para facer de oghro, un tipo ghrande, mal encarado, que daba berros polas rúas para espantar vellos e nenos, e confundir, a quen o confrontase, con un discurso de tolos cheo de blasfemias e xuramentos. Até os cans fuxían. Pasou a ser o cocón dos cativos, o sacamantecas, o home do saco que, por certo, levaba sempre ao lombo. Pedía á porta das casas, dos restaurantes ou panaderías, a saída da misa ou do banco. Valíalle todo. A roupa estaba rota ou descosida, pero até certo punto ía limpo. Dormía de ocupa na antiga casa dunha familia de habaneros, da forma máis austera, sen luz nin agua. Cabelo e barba crecidos, ollos arrebitados, paraba na esquina da rúa Isabelsofía e soltaba discursos delirantes onde mixturaba heroínas das revistas do corazón con Joseph Conrad, Joaquín Serrano ou Mao-Tse-Tung. Ninghén se paraba xa a ouvilo e de cando en vez o seu berro favorito: aquel laio arrepiante que ouvira no seu interior o día que se comeu un tripi. Á tarde cheghaba á biblioteca é devoraba libros, folletos e revistas. Tiña unha libreta de pastas neghras e duras onde facía unha curta anotación de tanto en tanto. Nunca falaba pero facía inmenso ruido mentras estaba lendo na mesa. Dirixíase aos funcionarios cun papel onde levaba escrito o nome dos textos que requería e unha vez que os tiña na sua man, sentaba e ía abrindo os libros, calqueira diría que sin xeito.
No ano 1982, cinco despois de ter fuxido da universidade, era dono dunha empresa na capital da sua provincia, unha empresa de xestión de recursos alleos que de forma rápida foi enghulindo á competencia e todo o que se lle puxese por diante. O capital era o que tiña aforrado do que seus pais lle mandaban para o seu sustento e do sacaba das esmolas, nunca ninghén lle vira ghastar un peso.

Film USB, II parte

Luns, Setembro 13th, 2010

Despois da primeira película, onde se narran os principios desta historia, a seghunda desenrola a vida de Temúm na terra da Autoaxuda.
Na primeira escea aparece de primeiras na pista de atletismo, esforzándose durante os entrenamentos, entreverada de imaxes das paredes do seu cuarto, “sí, eu podo”, ou escribindo no seu caderno de filosofía “campeón”, ou ghritando contra vento durante as vacacións: ” son un as do deporte”. Remata a escea coa sua derrota tras derrota nas pistas.
Continúa co seu asedio de paghaleiteconcafé, o que a sighe é o que a consighe, á muller que ele máis quere, con paredes de vai ser miña, con aghasallos e mimos mil, con cartas románticas pingho de mel, con chamadas telefónicas babosas, con ollos de cordeiro esghanado nos ollos de perdida dela. Mentras saía con ela deitábase con outro e ao final casou co seu amigho.
Vivo aínda, Temúm desafía ao mundo no seu intento se ser o maior, o millor, o único, o máis, até que a vida o pon de volta, pobre, incapaz, desolado e desesperanzado. E entón que vende o pouco que ten e compra unha vella pistola con unha única bala, a un delincuente.
Vai até unha ponte e colócase na varanda, decíndo: “sí, eu podo”, “si non é miña non é de ninguén”, e “só a miña vida é a miña morte”, dispara…e da pistola do delincuente, antes paiaso, sae unha flor que lle chiringa na cara. Co susto cae do lado da rúa e parte a cabeza.
Alguén que viu a escea berra: “Un advoghado, un advoghado,…que veña un advoghado que aquí hai un pleito”.
Os médicos, que o advogado chamou, conseghiron mantelo vivo, ghañou o xuizo aos constructores de armas que tiveron que pagar unha barbaridade de indemnizacións.
Temúm é hoxe rico, cegho e mudo, asiste paralítico á sua propia vida ouvindo polos auriculares: “¡podemos!”.

A second last tango

Domingo, Setembro 12th, 2010

Melon Blando com bágoas de manteiga.

Rafael Bardají

Sábado, Setembro 11th, 2010


www.gees.org/articulos/terry_jones

El acto de Terry Jones no es un atentado a la libertad religiosa. Es un acto de provocación motivado por las continuas concesiones a favor del islam y en contra del catolicismo. Y se enmarca en esa otra provocación de querer construir una mezquita en la Zona Cero.”