BlogolaliaArchive for the ‘’ Category

Sabiduría travanquense

Sábado, Setembro 11th, 2010

O café excesivamente quente, en vaso de plástico, reduce en dous tercios a capacidade sexual dos humanos:
– Queima os dedos.
– Queima a língua.

¡kaghen’ninghén!

Mércores, Setembro 8th, 2010

Por este recanto non pasa ninghén, ¡kaghen’ninghén!, por iso tómome máis licencias que copas nun sábado de xoldra. O que non ghoste que fique calado, ¡kaghen’ninghén!, ou que patee un bocadiño porque máis non vai sacar disto. O mel non está feito para a boca do burro, ¡kaghen’ninghén!, e isto non merece que perdas o teu tempiño, a calidade aquí non é precisa, ¡kaghen’ninghén!, só se trata de desbarrar contra todo e contra calqueira, ¡kaghen’ninghén!

Non son partidario, se me apupan comportareime como ácrata, ¡kaghen’ninghén!
Irei contra bancos, multinacionais, especuladores (¿non é todo o mesmo?), contra reis e presidentes, contra calquer forma de relixión ou sindicato, contra todo abusador, aproveitado ou comenencias, ¡kaghen’ninghén! Nin deus, nin patria, nin rei, ¡kaghen’ninghén!

Estou a favor da vida, da beleza, do coñecimento, do sorriso de nenos e vellos.
Gosto da brisa na faciana, a chuva na fiestra e do brillo do sol entre as polas.
Quero un mundo onde a terra e os seus habitantes, todos, ¡kaghen’ninghén!, podan vivir nas millores condicións posíveis para o seu desenvolvimento en libertade.

O caos pode ser a forma máis perfecta de orden, ¡kaghen’ninghén!

¡Abaixo os discursos e as suas declaracións de intencións! ¡kaghen’ninghén!