Carolina dalle ao raboArchive for the ‘’ Category

Mentira notoria

Martes, Novembro 6th, 2012

Galegos efectivos

Luns, Novembro 5th, 2012


En todolos gobernos que a segunda República hespañola tivo deica agora, houbo sempre algún ministro nado en Galicia. O que non houbo deia agora foi ningún galego. E pos iso os nosos intereses vitais se achan constantemente en perigo, seriamente ameazados.
E así seguiremos até que os políticos de Galiza que interveñen no Goberno central deixen de ser galegos de nacimento para se trocaren en galegos efectivos. Pro a cousa aínda vai para longo.
Recollido de “A Nosa Terra” por Raza Celta. Ano I, Montevideo, Xullo 31 de 1934, Nº 6.
(Se trocamos segunda República por Monarquía actual o texto segue sendo actual ¿Isto que é? ¿Presente, pasado ou futuro?)

Proclamación da Xunta de Galicia

Domingo, Novembro 4th, 2012


A data debe ser en Outubro de 1977 cando se producíu a proclamación da Xunta preautonómica de Galicia presidida por Antonio Rosón Pérez da UCD. Á saída vese a Rosón achuchado polos presentes na praza do Obradoiro entre dous persoeiros que non somos capaces de recoñecer. Desde entón, con dous breves períodos presididos polos do PSOE, a Xunta continúa dirixida polos españolistas e non sabemos aínda como sería un país normalizado gobernado polos intereses de Galiza e non polos intereses do Gobermo español de turno.

Esiximos solución ao conflicto naval

Sábado, Novembro 3rd, 2012


Pancarta sobre o conflicto de Ascón na manifestación, en Vigo, do 1º de Maio de 1977. As cousas non melloraron moito no sector desde aquela.

Imo, Agosto 1977

Xoves, Novembro 1st, 2012


Homaxe a Moncho Reboiras no cimiterio de Imo, concello de Dodro, o 12 de Agosto de 1977. Na fotografía sostendo unha grande bandeira da U.P.G. pode verse, entre outros, a un rapaz que posteriormente sería presentador de eventos deportivos na TVG.

Dous mortos e un desaparecido

Mércores, Outubro 31st, 2012


Elvira Souto, Pedro Luaces González-Rosón(✝) e Moncho Valcarce (✝), coñecido como o cura das Encrobas, no mítin posterior á manifestación do 25 de Xullo de 1977.

(clicando sobre a imaxe pode verse nun tamaño algo maior)

O fungueiro 1

Mércores, Outubro 31st, 2012


¡Ten ollo Beiras!
¡Que o futuro non sexa como no pasado!

Rumo ao futuro pasado

Mércores, Outubro 31st, 2012


Gracias á colaboración dun fotógrafo doutros tempos que traballou brevemente nesas datas con A Nosa Terra e a textos máis antigos, que parecen o futuro ou o presente futuro que nos agarda, início unha serie de entradas que terán as etiquetas Carolina dalle ao rabo mentras o lagarto fica quieto, futuro pasado ou pasado futuro e avante Galiza! Nelas, usando a crítica, a ironía ou ambas, se é que é posible disocialas, tratarei temas relacionadas co país co gallo de apupar aos enemigos, afalar aos paisanos e apoiar firmemente aos bos e xenerosos. Aparecerán nas fotografías persoas que, se cadra, recoñeceredes aqueles que teñades máis de “corentaetantos” e lugares que, aínda coñecidos, terán a pátina do tempo que xa foi aínda que poda parecer que estamos sempre no mesmo sitio, se cadra pola roda da fortuna.