GaliciaArchive for the ‘’ Category

Asamblea do BNG, V

Domingo, Xaneiro 29th, 2012

Asamblea do BNG IV

Venres, Xaneiro 27th, 2012

Asamblea do BNG III

Xoves, Xaneiro 26th, 2012


Francisco Jorquera, o home do fume

Asamblea do BNG II

Mércores, Xaneiro 25th, 2012

pagollum rodríguez

Asamblea do BNG

Martes, Xaneiro 24th, 2012

Analista friki
Si Batalla Final!!!! O retorno do mestre jedi Beiras e os seus ewoks irmandinhos e a alianza revelde +galiza!!! Seran capaces de imporse ao imperio da UPG liderada polo emperador paco rodriguez e o seu vasalo Gillerme Dark Vader? Nos prolegomenos o universo espera en tensión a resolución da batalla de Amio. (Despois haberá que debatir se os obreiros da estrela da morte UPG deben ser liberados ou son culpábeis independentemente da súa participacion na cadea de mando)

Comentario #19 en Galicia confidencial

Galícia crítica

Xoves, Decembro 15th, 2011


De Galicia caníbal a Galicia crítica. Aínda que estando o PP o problema pasa tamén a ser críptico porque son expertos en esconder os seus defectos e desastres coa axuda de toda a súa camarilla subvencionada. Críptica e crítica tamén é a situación da oposición que nin está nin se lle espera. Polo tanto Galicia caótica vendo como os seus habitantes din que chove cando é merda a que está a caer. Galicia caníbal? Pode ser, porque non hai futuro, e así polo menos facemos unha paparota.
La situación de Galicia es crítica

Alternativa pola unidade

Mércores, Decembro 14th, 2011

Carlos Aymerich

Mércores, Novembro 30th, 2011


O pope

O BNG é ferro vello

Martes, Novembro 29th, 2011

O BNG foi enferruxando polo que hai reunión do Consello Nacional para ver que se pode facer. Á saída os xornalistas van preguntando aos voceiros das distintas correntes.
Sr. Guillerme, ¿cales son as medidas que van a tomar?
– O BNG debe ser un e a UPG o seu único profeta. Penso que con uns toques de soldadura está todo arranxado.
Sr. Xosé Manuel, ¿que opina vostede?
-Isto é chatarra e hai que ir á fundición facer un novo.
Sr. Carlos, ¿cal é o seu parecer?
– A min éme indiferente se vai para soldadura ou fundición, con tal que sexa eu o capataz.
Como comprenderán isto é ficticio, ¿quen se vai crer que un xornalista publique en galego?
¡Pena de bois!

Papeleta con chourizo

Martes, Novembro 22nd, 2011

En el concello de Val do Dubra aparece una papeleta con una loncha de chorizo y la dieron por válida. En un principio dicha papeleta se contabilizó como voto nulo y mientras se siguió con el recuento, pero el representante del concello en la mesa se puso a revisar las instrucciones y sorprendentemente se dirigió a lo miembros del la mesa para decirles que valorasen otra vez la decisión, pues para él según las instrucciones del manual, una loncha de chorizo pegada a una papeleta no entraba claramente dentro de los votos nulos, y en la papeleta bien se veía que era del PP. A partir de este momento los interventores del PP forzaron a lo miembros de la mesa a reconsiderar la decisión inicial y dar por válida la papeleta y contarla como voto del PP.
Al final la papeleta fue considerada voto a favor y el apoderado del BNG hizo una reclamación para que esa papeleta se considere voto nulo, ya que considera que la intención de voto es dudosa.

El Correo Gallego 21/11/2011

Pois xa vedes no sobre ía unha papeleta que “contiene chorizo” segundo dixo o presidente da mesa e o PP entende que sea perfectamente válida, quizá até lóxico.
Analicemos o caso punto por punto.
1º, o chourizo ía alí posto adrede polo votante coa idea de:
a- axudar a manutención dos membros da mesa, aínda que ás horas do reconto a fame é neghra e non había dar para moito, o que podía producir unha liorta entre os presentes ¡que raro que ninguén a comese!
b- intentar decir algo con iso, por exemplo:
b1-quérelle chamar chourizo a alguén da lista
b2- non teño pan para tanto chourizo
2º, o chourizo ía como podía non ir, se cadra o votante tiña fame e como non tiña para comer usou a papeleta como se fose o pan,
Chegados a este punto aparece a papeleta é o presidente considera que é nula, aínda que non ten marca nin firma nin cousa escrita, entón o PP protesta e dí que debe ser válida, non sei se porque o compango nunca foi delito ou porque asume con naturalidade que haxa un chourizo na papeleta, é aquí que o representante do concello consulta o manual e di que hai que acepta a papeleta como válida porque ven se vía que era do PP. Pero o BNG por aí non pasa e denuncia a situación…