LightroomArchive for the ‘’ Category

Manual de Lightroom (para vagos)

Xoves, Agosto 20th, 2009

1. º – Abre Lightroom, observa con calma a interfaz do programa.
2. º – Fíxate, como quen non quere a cousa, no lado dereito da pantalla, na parte superior debes ter activo o módulo Library.
3.º – Olla para o lado dereito, debaixo de Quick develop até ver Auto tone.
4. º – Agora respira fondo e clica con estilo sobre Auto tone.
Listo, xa tés o traballo feito.

Sí, son catro pasos e quizá demasiado esforzo, pero o resultado vai compensar as tuas expectativas e si non é así terás que seguir o curso de Lightroom, que quizá, comence a escribir algunha día.

Espero, con ansia, as máis sinceiras felicitacións.

Lightroom em Xullo

Sábado, Xullo 25th, 2009

Seminario Lightroom 1.o, así empezaba esto.

Lightroom.fotonatura.org

Lightroomworkflow.com

Lightroom en dZoom

Photoshopuser.com/lightroom2/

Look Ma, Only Lightroom!

Look ma, only Lightroom (2)

Lightroom en Vimeo

Adobe Lightroom

Sábado, Marzo 28th, 2009

Entre fotógrafos a discusión é que si procesar os ficheiros RAW co plugin Adobe Camera RAW +< Photoshop, que si usar Adobe Photoshop Lightroom ou o Aperture para os que traballan con un Mac. Non traballo con Mac e o do plugin ACR paréceme máis lioso, ou menos ou igual, pero do que quero falar é dos tutoriais e trucos que encontrei, sin buscar moito, do Lightroom.

Videotutoriais de Adofa onde podes encontrar moitos tutoriais para fotografía e Photoshop.
Si che valen en inglés pon Lightroom % Tutorial na busca e aparecerán unha chea deles.
O mesmo para Vimeo.com, procurando aparecen unha morea de vídeos sobre Lightroom, en varios idiomas.
Tutoriais de Michael Tapes, ven sendo o mesmo que AdofaAdofa pero en videotutoriais máis longos…e en inglés.
Parecidos poden ser os tutoriais de Julieanne Kost desde Adobe.TV, vídeos de excelente resolución e tamaño, e que a pantalla completa non perden demasiada calidade.
A páxina Lightroom killer tips de Matt Kloskowski pode ser unha boa fonte de coñecimentos. En Kelbytraining.com podemos encontrar tamén os vídeos de Kloskowski. Esta páxina (Kelby training)de Scott Kelby ten moitas outras cousas interesantes para os fotógrafos, tanto no aspecto técnico de realización da foto como na pos-producción, así como para calquera persoa interesada en creación gráfica por ordenador.
Em All things photography hai un par de videotutoriais de Kevin Kubota, si queredes máis na sua páxina, pero de pago, ou iso me pareceu.

Vamos deixar a cousa aquí esperando as contribucións dos visitantes.