Hitchhiking across America
Cody Smart decidiu o ano pasado deixar o traballo e cruzar América facendo auto-stop por moito que lle dixesen: is dangerous. Retratou o camiño e as suas paisaxes, os compañeiros de viaxe e os dos distintos lugares que foi visitando. En fin, retratouse. É unha crónica de viaxe como a min me gustaría poder facer calquer día anque penso que isto que aquí vedes no blogue non deixa de ser unha road-photographie das miñas viaxes pola rede e polas miñas procuras (non todas). Para que falar tanto: Hitchhiking across America. Podedes completar o menú co seu blogue: Say cheese.

