PS: estos non deben faltar nos teus marcadores

Febreiro 10th, 2009 | by ozzo |

An Alternative Approach To Sharpening: nada novo (enfocar con paso alto) pero moi interesante, así como este outro, Enhance Saturation Photoshop Tutorial, para resaltar a saturación.
Proceso cruzado digital, Mario Fernández explica como conseguir de forma digital os efectos de revelado cruzado (diapositivas reveladas como negativos ou negativos reveladas como diapositivas ) para contrastar e conseguir cores intensas.
Strong Focus for Killer Portraits, tres pasos para, co filtro extraer, destacar un retrato ou figura sobre o fondo.
Retouchpro.com, o foro do retoque. É como facer un master sobre maquillaxe e retoque en xeral. No perdes nada con rexistrarte.
Forensicphotoshop, si queres emular aos de CSI pero en plan fotografía retocada este é o sitio para aprender.
Brochas, patróns, formas…
Seguro que o sabes todo sobre Adobe Bridge pero si queres comprobalo ou necesitas actualizarte a CS3 nada como unha voltiña por Your Complete Guide To Adobe Bridge, sete cómodas leccións que te deixarán feito un catedrático no tema.
Photoshop actions: 124+ Free Photoshop Actions to Boost Your Designs. Unha morea de accións, algunha interesante, que che poden facilitar as cousas. Si non o atopas aquí date unha volta por Atncentral.com ou por Photoshoproadmap.com ou pola sección das accións de Deviantart. Non pidas máis porque non che vou decir pero habelas hainas.
Non é para poñerse así, sei que non podían faltar os de Smashing magazine coa sua colección, á ultima (xa pasaron uns meses desde que a sacaron), de accións. Non sei para que tantos si ao final cópianse uns aos outros.
Tutoriais da A á Z
Para qué máis.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.