Carliños Mealleiro

Setembro 14th, 2010 | by ozzo |

Anos despois, que diría GGM, a nai de Carliños Mealleiro contaba, feliz, que todo fora ghracias ao seu sobriño Israel, que era quen o tiña metido na drogha.
Carlinhos cheghou a universidade sendo un pipiolo e tres anos despois deixou todo, mesmo todo, e fuxiu para a capital para facer de oghro, un tipo ghrande, mal encarado, que daba berros polas rúas para espantar vellos e nenos, e confundir, a quen o confrontase, con un discurso de tolos cheo de blasfemias e xuramentos. Até os cans fuxían. Pasou a ser o cocón dos cativos, o sacamantecas, o home do saco que, por certo, levaba sempre ao lombo. Pedía á porta das casas, dos restaurantes ou panaderías, a saída da misa ou do banco. Valíalle todo. A roupa estaba rota ou descosida, pero até certo punto ía limpo. Dormía de ocupa na antiga casa dunha familia de habaneros, da forma máis austera, sen luz nin agua. Cabelo e barba crecidos, ollos arrebitados, paraba na esquina da rúa Isabelsofía e soltaba discursos delirantes onde mixturaba heroínas das revistas do corazón con Joseph Conrad, Joaquín Serrano ou Mao-Tse-Tung. Ninghén se paraba xa a ouvilo e de cando en vez o seu berro favorito: aquel laio arrepiante que ouvira no seu interior o día que se comeu un tripi. Á tarde cheghaba á biblioteca é devoraba libros, folletos e revistas. Tiña unha libreta de pastas neghras e duras onde facía unha curta anotación de tanto en tanto. Nunca falaba pero facía inmenso ruido mentras estaba lendo na mesa. Dirixíase aos funcionarios cun papel onde levaba escrito o nome dos textos que requería e unha vez que os tiña na sua man, sentaba e ía abrindo os libros, calqueira diría que sin xeito.
No ano 1982, cinco despois de ter fuxido da universidade, era dono dunha empresa na capital da sua provincia, unha empresa de xestión de recursos alleos que de forma rápida foi enghulindo á competencia e todo o que se lle puxese por diante. O capital era o que tiña aforrado do que seus pais lle mandaban para o seu sustento e do sacaba das esmolas, nunca ninghén lle vira ghastar un peso.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.