Fotos á noite

Setembro 29th, 2007 | by ozzo |

10 Tips for Capturing Night Photography with Long Exposures
Quen saiba inglés que o lea directamente no idioma porque este texto non é unha traducción do artigo senon un resume do que me pareceu entender
1.- Teña cuidado, é de noite, está oscuro, vai levar consigo material valioso. Non está de máis que se leve un amigo consigo.
2.- Leve un flash. Sempre pode dar xeito engadir unha luz nun primeiro plano ou nunha parte da escea.
3.- Non pase frío. Dependendo da época pode ser preciso abrigarse, levar luvas, protexer as orellas… porque se cadra hai que estar á espera. Pola mesma habería que levar parugas, uns bocatas e unhas birras, bon, cada un sabe das súas.
4.- Como sempre estudar ben a escea primeiro. Para os de chegar e encher non ´e preciso máis que levar a cámara e apretar o botón, e ao que saia.
5.- Leva trípode. Con esa luz querer disparar a pulso está ben para fotos dadaístas ou surrealistas ou borronistas ou a ver que sae. Os demáis leven unha boa trepia ou trespés, axuda o seu.
6.- Fai varias tomas. Ter que ficar coa máis fea porque non tés outra non é plan, si ficas con ela porque de todas é a máis expresiva, todo ben. Ademáis podes facer un traballo con capas en PS e combinar as luces.
7.- Ollo ao ruido dixital. Nunha escea oscura con exposición larga vai aparecer polo que haberá que tentar reducilo. Canon e Nikon (as réflex)sempre teñen algunha función para iso.
8.- Dispara en RAW. Debido á ilumunación variada. o poder traballar cos ficheiros en bruto e manipular o balance de brancos da moito xeito.
9.- Leva batería de reposto ou cartón de memoria, é fodido ficar a velas vir por ter esquecido levar calquer aparello de sustitución imprescindible.
10.- Comenza a disparar á posta de sol. Sobre todo para poder aproveitar os ceus azuis desa hora nunha combinación de fotos no PS.
Falaban moito é ben deste artigo sobre foto nocturna pero ao final non son máis que consellos xerais e non se mollan en canto a exposición, sensibilidad…polo que vamos a ver o que din os maestros.
Fotonatura: O equipo mínimo para fotografiar paisaxes nocturnas é o siguiente: duas cámaras, preferiblemente manuais, que permitan expoñer en posición B e disparador con enganche para cable; cables disparadores robustos con bloqueo de exposición; obxetivos angulares de 20 a 35 mm, estándar de 50 mm e tele corto tipo 75 a 100 mm (onde os diafragmas deben abrir como mínimo a f/2’8); trípodes robustos; e por último un flash con teleflash.
JGGweb.-La Hora Azul: comenza uns 20 minutos despois da posta do sol e dura outros 20 minutos (aproximadamente). Faise indispensable trespés, cable disparador e/ou temporizador.
Conforme máis pequeña sexa a apertura de diafragma utilizada, os puntos luminosos da escea quedarán máis estrelados.
Agora uns cálculos de exposición con ISO 100:
1. Edificio en hora azul: 1/15 seg. e f/5.6
2. Edificio iluminado noite pechada. 4 seg. e f/5.6
3. Letreiro luminoso de Neón: 1.4 seg. e f/4
4. Tráfico rodado: 8 seg. e f/8
5. Fogos de artificio: 8 seg. e f/11.
Ojodigital vai dereitiño ao grao:
1.- Equipo: unha cámara que permita axustar a velocidade de exposición para máis de 4 segundos e un disparador remoto por cable ou infravermellos.
2.- Si a cámara é analógica, usa un filtro con cores cálidas para que as fotos no saian verdosas o amareladas.
3.- Non intentes facer fotos nocturnas cando estea completamente oscuro. Intenta facer as fotos durante a “hora azul” porque hai luz suficiente como para conseguir bons resultados.
4.- Non uses a apertura (número f) máis alta ou máis baixa, usa unha apertura media como 4 o 5.6 Facendo isto reduces o halo de estrela de redor das luces o que fai que se vexan antinaturais. Esta tamén é unha razón pola que é millor sacar este tipo de fotos durante a hora azul; si a diferencia entre a oscuridade e as luces é moi grande ditas luces sairán con esos halos estrelados.
5.- Non uses os modos de prioridade de apertura ou exposición da tua cámara; usa o modo manual e fai unha serie de fotografías con apertura f4 o f5.6 e tiempo de exposición con 4, 6, 8, 10 y 15 segundos (con cámara dixital) e una serie con 6, 10, 15, 20 y 30 segundos (con cámara analóxica). Si a tua cámara non permite tempos de exposición maiores de 10 segundos, pon o modo B (Bulb) e usa un disparador remoto ou temporizador. Si tés algo de experiencia entón intenta usar un filtro gris ou color tabaco.
6.- Intenta facer fotografias nocturnas co ceo cheo de nubes.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.