Film USB, II parte

Setembro 13th, 2010 | by ozzo |

Despois da primeira película, onde se narran os principios desta historia, a seghunda desenrola a vida de Temúm na terra da Autoaxuda.
Na primeira escea aparece de primeiras na pista de atletismo, esforzándose durante os entrenamentos, entreverada de imaxes das paredes do seu cuarto, “sí, eu podo”, ou escribindo no seu caderno de filosofía “campeón”, ou ghritando contra vento durante as vacacións: ” son un as do deporte”. Remata a escea coa sua derrota tras derrota nas pistas.
Continúa co seu asedio de paghaleiteconcafé, o que a sighe é o que a consighe, á muller que ele máis quere, con paredes de vai ser miña, con aghasallos e mimos mil, con cartas románticas pingho de mel, con chamadas telefónicas babosas, con ollos de cordeiro esghanado nos ollos de perdida dela. Mentras saía con ela deitábase con outro e ao final casou co seu amigho.
Vivo aínda, Temúm desafía ao mundo no seu intento se ser o maior, o millor, o único, o máis, até que a vida o pon de volta, pobre, incapaz, desolado e desesperanzado. E entón que vende o pouco que ten e compra unha vella pistola con unha única bala, a un delincuente.
Vai até unha ponte e colócase na varanda, decíndo: “sí, eu podo”, “si non é miña non é de ninguén”, e “só a miña vida é a miña morte”, dispara…e da pistola do delincuente, antes paiaso, sae unha flor que lle chiringa na cara. Co susto cae do lado da rúa e parte a cabeza.
Alguén que viu a escea berra: “Un advoghado, un advoghado,…que veña un advoghado que aquí hai un pleito”.
Os médicos, que o advogado chamou, conseghiron mantelo vivo, ghañou o xuizo aos constructores de armas que tiveron que pagar unha barbaridade de indemnizacións.
Temúm é hoxe rico, cegho e mudo, asiste paralítico á sua propia vida ouvindo polos auriculares: “¡podemos!”.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.