Nos criamos a serpe que se volta contra nós!!!

Outubro 9th, 2010 | by ozzo |

O galego sempre tivo por hábito criticar aos gobernantes
cando está nos bares.
Critican alcaldes, ministros e ao presidente do
Goberno.

Cando teñamos novas eleccións, se cadra temos outros
gobernantes… Ou serán os mesmos? Mais o pobo
continuará queixándose. Sabe porqué?
Porque o problema non está en quen nos goberna…
O problema está naquel que se queixa: vostede e máis eu;
nós! O problema está no galego.

Ao final, o que se pode esperar dun pobo que vende o voto?
Que respeito merece un pobo que vota a un partido que vai
contra os intereses do país, ou a quen goberna nepótica/
despoticamente, ou que continúa votando nun alcalde
que prevarica ou a outro culpado de acoso sexual?

Un pobo que aplaude a Belén Esteban, mas é incapaz de
dicer o nome dun escritor galego?
O que esperar dun pobo que non dá valor ao propio idioma,
que non loita polos seus dereitos?

O que esperar dun pobo que non sabe o que é puntualidade?
Que deita o lixo para a rúa e despois reclama pola suciedade?

Un pobo que vive do conto, un pobo que admira ao
espabilado e non ao sábio ou ao xusto ?,
Que fala mal do corrupto pero faría o mesmo si pudese.
O que se pode esperar dun pobo que o que anceia é
que lle dean unha subvención, teña ou non dereito a ela,
que se pode esperar dun pobo de papamerendas e
comenencias?

O que dicer dun pobo endividado, que continúa a
gastar mais do que pode so por aparentar?

O problema da Galiza non son os políticos. Son os galegos!

Os políticos non se elexiron a si mesmos; fomos nós
os que votamos neles.

Os políticos non fan exames,gañam votos: o seu e o meu!

Pense no que leu. E teña un bon día!

Sorry, comments for this entry are closed at this time.