O BNG é ferro vello

Novembro 29th, 2011 | by ozzo |

O BNG foi enferruxando polo que hai reunión do Consello Nacional para ver que se pode facer. Á saída os xornalistas van preguntando aos voceiros das distintas correntes.
Sr. Guillerme, ¿cales son as medidas que van a tomar?
– O BNG debe ser un e a UPG o seu único profeta. Penso que con uns toques de soldadura está todo arranxado.
Sr. Xosé Manuel, ¿que opina vostede?
-Isto é chatarra e hai que ir á fundición facer un novo.
Sr. Carlos, ¿cal é o seu parecer?
– A min éme indiferente se vai para soldadura ou fundición, con tal que sexa eu o capataz.
Como comprenderán isto é ficticio, ¿quen se vai crer que un xornalista publique en galego?
¡Pena de bois!

Sorry, comments for this entry are closed at this time.